InicioEconomíaA Xunta insta o Concello de Vigo a concretar se existe un...

A Xunta insta o Concello de Vigo a concretar se existe un informe desfavorable sobre a ampliación do Ifevi

Corina Porro tacha de "falsidades" as críticas de Abel Caballero, que acusou a Xunta de tentar demorar a execución da obra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, instou o Concello a concretar se existe un informe desfavorable de Aena sobre a ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) e reiterou o compromiso do Goberno galego con esta actuación.

Porro tachou de “falsidades” as críticas vertidas polo alcalde, Abel Caballero, que acusou á Xunta de tentar demorar a execución da obra.

A ese respecto, a delegada do Executivo galego asegurou a realización da ampliación e lembrou que “existe orzamento” para acometela. Así, instou a Concello a outorgar a licenza necesaria para iso.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, sinalou hai semanas que o Concello olívico non incluíra os terreos que comprenderá a extensión do Ifevi na ordenación provisional, unha situación que, segundo asegurou, o goberno local xustificou ao aludir a “un informe desfavorable de navegación aérea”. Por tanto, a Xunta volveu  reclamar que o Consistorio detalle se existe ese documento.

Estas obras de ampliación foron solicitadas por Conxemar co obxectivo de ampliar a capacidade da súa feira para acoller máis expositores. O espazo xa fora incrementado en 5.000 metros cadrados en 2018.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...