InicioMedio Ambiente e PatrimonioAlguén prepara salchichas con alfinetes para os cans dunha veciña de San...

Alguén prepara salchichas con alfinetes para os cans dunha veciña de San Miguel de Oia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección da U.M.I.R da Policía Local de Vigo foi requirida este xoves por unha cidadá nun
domicilio da parroquia de San Miguel de Oia debido a que se atopou varias salchichas con alfinetes no seu interior, no terreo da súa propiedade.

Os Axentes no lugar entrevistáronse coa requirente, a cal manifestou que momentos antes,
cando estaba realizando labores de roce na súa leira, viu varias salchichas esparcidas nun
radio duns dous metros aproximadamente e que no seu terreo ten dúas cadelas así como que os seus animais non sufriran danos debido a que a zona onde se atoparon as salchichas atópase valada cunha malla metálica.

Os actuantes posteriormente trataron de pescudar quen puido ser o autor ou autores dos feitos, sen obter polo momento ningún resultado polo que continúan as pesquisas policiais.

ÚLTIMAS

Deteñen dous veciños de Vigo como presuntos autores de varios roubos na cidade e Pazos de Borbén

A Policía Nacional, nunha operación conxunta coa Garda Civil, detivo a dous homes veciños...

Nova terapia xénica do Álvaro Cunqueiro contra a hemofilia B que “cambia a historia da enfermidade”

A terapia génica administrada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a un paciente con...

Unha persoa detida nun operativo antidrogas na contorna da rúa Aragón en Vigo

Polo menos unha persoa foi detida nun operativo antidrogas desenvolvido por axentes da Policía...

O Álvaro Cunqueiro, primeiro hospital de España en administrar terapia xénica para tratar a hemofilia B

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi o primeiro de España en aplicar, este mércores, a...