InicioSucesosDetido en Vigo un home tras atropelar varios peóns e negarse ás...

Detido en Vigo un home tras atropelar varios peóns e negarse ás probas de alcoholemia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, JE.L.L. de 35 anos de idade e veciño de Vigo, foi detido na madrugada do pasado sábado pola Policía Local despois de atropelar a varios peóns e negarse a someterse ás probas de alcoholemia.

Tal como informou a Policía, os feitos ocorreron sobre as 05,40 horas, cando unha patrulla se desprazou ao camiño dos Liñares, onde ao parecer produciuse un atropelo a varias persoas no exterior dunha cervexería e o condutor deuse á fuga.

Unha vez no punto, dous mozos, que estaban a ser atendidos polos sanitarios dunha ambulancia, relataron aos actuantes que cando se atopaban no exterior do local en compañía doutros amigos observaron como un Peugeot 607 se achegaba a “gran velocidade”, golpeando a fachada de dita cervexería, polo que os mozos tiveron que apartarse para non ser atropelados.

Tras iso, o condutor baixou do turismo para ver os danos, momento no que os alí presentes lle recriminaron a manobra. O home, sen mediar palabra, “introduciuse no vehículo, iniciando a macha cara atrás para situarse en dirección ao lugar onde se atopaban os homes e, a continuación, acelerou coa intención de atropelar os mesmos“.

DOUS FERIDOS

Na manobra, alcanzou a dous mozos. A un pasoulle a roda por enriba do pé dereito e a outro o golpeou nun dos seus cóbados, tendo ambos que ser trasladados ao hospital Povisa.

Despois de coñecer o relato, a Policía comezou a procura do home, que foi localizado nas inmediacións do seu domicilio. Tras entrevistarse con el, os axentes comprobaron que coincidía “plenamente” coa descrición achegada polas vítimas e testemuñas.

Despois de ser identificado e recoñecer que estivera na rúa dos Liñares, foi convidado a realizar a proba de alcoholemia, negándose a realizar a mesma en varias ocasións, a pesar de presentar “síntomas de atoparse baixo os efectos do consumido de bebidas alcohólicas”, motivo polo cal se procedeu á súa detención.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...