InicioSucesosRatifican a prisión para o sacerdote de Vigo investigado por abusos sexuais...

Ratifican a prisión para o sacerdote de Vigo investigado por abusos sexuais a menores

A Audiencia alega risco de fuga e de alteración de probas, e ve indicios da súa responsabilidade criminal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia de Pontevedra ratificou a prisión provisional sen fianza para S.C.V., o sacerdote salesiano adscrito ao Colexio María Auxiliadora de Vigo, que ingresou no cárcere o pasado mes de xullo, investigado por supostos abusos a menores nun campamento en Cambados (Pontevedra).

O auto da Audiencia valida a resolución emitida polo xulgado de instrución de Cambados en agosto, na que se lle denegaba a liberdade, argumentando que concorrían os requisitos que recolle a Lei de Enxuizamiento Criminal.

Contra esa resolución, a representación do sacerdote presentou recurso de apelación, que a Audiencia Provincial desestimou. Segundo sinala o tribunal provincial no seu auto, “constátase a existencia duns feitos que presentan os caracteres de catro delitos continuados de abusos sexuais a menores de 16 anos“, e hai “motivos bastantes” para crer que a persoa investigada pode ser responsable “criminalmente” deses delitos.

Así o demostran, reza o auto, as declaracións “coincidentes” dos catro menores, e o feito de que “non consta ningún motivo espúreo para conseguir un prexuízo ao investigado”. De feito, sinala a Audiencia, fronte á “coherencia” das declaracións dos mozos, o sacerdote nega o feitos “pero recoñece moitos dos detalles que denuncian os menores”.

Por outra banda, no auto tamén se alude á gravidade do delito e á posible pena que se imporía, que sería “notoriamente superior aos dous anos de prisión”; á vez que se sinala que a causa está nunha fase inicial, e é necesario “evitar que o imputado poida esconder, alterar ou destruír” probas.

“O risco de fuga resulta evidente dada a gravidade da pena (..) O suposto arraigo laboral e social tampouco resulta moi evidente”, sinala a Audiencia, que tamén puntualizou que se S.C.V. sae en liberdade podería “interferir” na eficacia de determinadas dilixencias de investigación.

FEITOS

Os feitos remóntanse a xullo pasado, cando varias familias presentaron denuncia nos xulgados polos supostos tocamentos aos seus fillos por parte deste sacerdote, cando estaban nun campamento en Cambados.

A dirección do Colexio María Auxiliadora apartou de inmediato a S.C.V., e púxose a disposición das familias denunciantes, así como das autoridades policiais e xudiciais. “Baixo ningún concepto se tolerarán comportamentos que menoscaben a integridade dos mozos e mozas”, trasladou a congregación relixiosa cando se coñeceron os feitos.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...

A Audiencia de Pontevedra xulga a semana que vén a dous homes por agresións sexuais a menores

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá a vindeira semana dous xuízos...