InicioSociedadeUnha intoxicación alimentaria do catering escolar, probable causa dos nenos hospitalizados en...

Unha intoxicación alimentaria do catering escolar, probable causa dos nenos hospitalizados en Cangas e o Morrazo

Técnicos da Consellería de Sanidade están a realizar análise do menú servido na gardaría .

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varios nenos escolarizados nas escolas infantís da Choupana e O Hío, situadas na zona de Cangas do Morrazo, experimentaron unha serie de reaccións alérxicas, probablemente por unha intoxicación alimentaria debido ao menú servizo nos centros.

O primeiro caso foi detectado o pasado venres na Choupana, cando a algúns dos pequenos aparecéronlles varias manchas vermellas no corpo que desaparecían espontaneamente en menos dunha hora. Os profesionais da escola, ante as sospeitas de que a orixe das manchas puidesen ser os alimentos, cambiaron rapidamente o menú servido na segunda quenda de comida.

Precisamente, contabilizouse un caso similar noutra escola infantil da zona, a do Hío, cuxa cociña comparte xestión a través dunha empresa de catering coa da Choupana. Desde a Xunta destacaron a Europa Press que os profesionais do centro “actuaron coa maior axilidade” para asegurar o benestar dos pequenos.

Técnicos da Consellería de Sanidade están a realizar análise do menú servido na gardaría durante ese día, ante a posibilidade de que sexa a causa desta reacción alérxica.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...