InicioSucesosFerido grave un detido que se lanzou ao baleiro desde un noveno...

Ferido grave un detido que se lanzou ao baleiro desde un noveno piso en Vigo

O home lanzouse mentres se realizaba un rexistro no seu domicilio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 35 anos de idade resultou ferido moi grave tras lanzarse ao baleiro desde un noveno piso nun edificio de Vigo, onde estaba a asistir a un rexistro domiciliario en calidade de detido e investigado.

Segundo confirmaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde deste xoves, no número 190 da Avenida de Castrelos. Nun domicilio do noveno piso, o detido estaba a asistir, con avogados da defensa e en presenza da letrada da Administración de Xustiza, a un rexistro domiciliario.

No transcurso desa dilixencia, “de maneira sorpresiva, abalanzouse sobre unha xanela da vivenda, precipitándose ao baleiro desde un noveno piso”. O home impactou contra o chan e resultou ferido “moi grave”, sendo evacuado en ambulancia a un centro hospitalario.

As mesmas fontes informaron de que o home foi detido tras a presentación dunha denuncia por parte dunha muller, que asegurou que fora retida á forza no domicilio onde se estaba efectuando o rexistro.

O detido estaba a ser investigado polos supostos delitos de detención ilegal, delitos contra a liberdade sexual e revelación de segredos.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...