InicioPolíticaCaballero, o alcalde que máis cobra de Galicia

Caballero, o alcalde que máis cobra de Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Abel Caballero é o alcalde de Galicia que máis cobra. O seu salario supera os 75.000 euros, 3.500 euros máis que o segundo no ránking, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, rexedor de Pontevedra.

Son os dous únicos alcaldes que superaron unha retribución anual de 70.000 euros en 2018, segundo os datos correspondentes a este exercicio do sistema de Información Salarial Postos da Administración (ISPA) difundidos este mércores polo Ministerio de Política Territorial.

Os datos son de 2018, previos por tanto á convocatoria electoral das municipais de maio deste ano, tras as que houbo cambios nalgúns Consistorios e tamén se conformaron novos plenos, co consecuente nova repartición de dedicacións, salarios e outro tipo de retribucións. Así, o vigués Abel Caballero cobra 75.382 euros e o pontevedrés Miguel Anxo Fernández Lores, 71.466 euros. Un salario case o dobre do que cobraban os rexedores da Coruña e Ferrol, das mareas, en torno a 40.000 euros. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...