InicioSucesosDetido un condutor en Vigo por agredir a un axente que regulaba...

Detido un condutor en Vigo por agredir a un axente que regulaba o tráfico

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un condutor de 50 anos de idade, C.A.P.Ou, como presunto autor dun delito de atentado contra axente, ao agredir a un policía que estaba a regular o tráfico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un condutor de 50 anos de idade, C.A.P.O, como presunto autor dun delito de atentado contra axente, ao agredir a un policía que estaba a regular o tráfico.

Os feitos ocorreron na tarde do venres, cando este condutor quedou parado coa súa furgoneta no cruzamento entre Bolivia e Gran Vía, bloqueando o paso de peóns. Un axente que se atopaba regulando o tráfico na zona, con motivo das obras, deulle indicacións para que retrocedese e deixase pasar aos peóns.

O condutor accedeu de mala gana e, cando reiniciou a marcha, increpou e insultou ao axente. Cando a Policía lle deu indicacións para detivésese, o condutor fixo caso omiso e seguiu a marcha, ata que tivo que deterse uns metros rúa abaixo, cando o fixeron os coches que lle precedían ante un semáforo en vermello.

O axente pediu a documentación ao condutor e este baixouse da furgoneta, abalanzándose sobre o funcionario policial, ao que empurrou violentamente ata “acurralalo contra un lateral do vehículo”. O condutor suxeitou o axente polo pescozo e alzou o puño dereito con intención de agredilo, pero foi inmobilizado por outros policías, que procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...