InicioPolíticaCaballero lémbralle a Feijóo as súas "plenas competencias" en materia de industria...

Caballero lémbralle a Feijóo as súas “plenas competencias” en materia de industria en referencia ás Pontes

"Cando hai dificultades industriais, a Xunta de Galicia ten que impulsar e non permitir ningún tipo de retroceso", sinalou o secretario xeral do PSdeG.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a “deixar a política de confrontación” co Goberno central e lembroulle que Galicia ten “plenas competencias” en materia industrial.

En declaracións aos medios durante unha visita á feira Conxemar de Vigo e ante a intención de Endesa de acelerar o peche da súa central térmicas das Pontes, Gonzalo Caballero pediu a Feijóo e ao conselleiro de Economía, Francisco Conde que se “involucren” coa industria galega e “non se poñan de perfil”.

Sobre esta cuestión, o xefe de filas dos socialistas galegos lembrou que o Estatuto de Autonomía de Galicia dá “plenas competencias” á Xunta de Galicia polo que teñen “altas responsabilidades” en materia industrial.

“Cando hai dificultades industriais, a Xunta de Galicia ten que impulsar e non permitir ningún tipo de retroceso”, sinalou o socialista, que emprazou a Feijóo a “deixar a política de confrontación” e “porse a traballar á beira do Goberno de España, dos traballadores, de todo o sector industrial para liquidar os problemas que hai”.

BARRERAS

Na súa intervención, Gonzalo Caballero tamén se referiu a a situación do estaleiro Barreras. Así, lembrou que cada vez que Feijóo viaxaba a México prometía “moitos investimentos en Galicia” en referencia á construción de distintas embarcacións nestas instalacións.

Facía unha propaganda e un botafumeiro que logo non se cumpría”, sinalou nunhas declaracións nas que tamén aludiu ás “dúbidas” que, segundo indicou, existen sobre “actitudes e comportamentos” dentro da petroleira mexicana Pemex.

“Agora hai un problema real na industria de Vigo, no estaleiro de Barreras, que mostra o erro na estratexia e falta de planificación de Feijóo, que parece que cos seus amigos alcanza grandes acordos para vender fume que non se concreta en avances para Galicia”, manifestou.

Por todo iso e tras os últimos acontecementos no estaleiro, considerou que se debe”resetear” a situación industrial do estaleiro, “en contacto con Pemex e as novas autoridades mexicanas para conseguir” solucionar o problema.

CONXEMAR

O secretario xeral do PSdeG fixo estas declaracións durante a súa visita á feira de Conxemar, evento que, conforme sinalou, “contará con todo o respaldo dun goberno socialista á fronte da Xunta” para que “siga sendo punteiro”.

Ademais, trasladou tamén todo o “respaldo” dos socialistas galegos ao sector pesqueiro. “Galicia e Vigo, son capital mundial da pesca, somos mar, somos referencia internacional en actividade pesqueira”, destacou.

ÚLTIMAS

Defensa da Sanidade Pública denuncia que o contrato da Xunta con Povisa “consolida a privatización hospitalaria”

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denunciou que o contrato con...

OPINIÓN.- Vigo e a construción da paz mundial

A construción dunha Europa internacionalista e pacífica require unha profunda transformación nas dinámicas de...

A Xunta asina un novo contratro con Povisa por 195 millons para atender a un suposto de 116.000 usuarios

A Xunta de Galicia autorizou este venres o contrato co Hospital Povisa para a...

O ‘stolpersteine’ de Jaime, asasinado en Mauthausen. Cando a memoria tropeza coa pedra da historia

O Concello de Nigrán colocou este xoves un 'Stolpersteine' en memoria de Jaime Martínez...