InicioSociedadeNovas xefaturas para o servizo de Análises Clínicas e a Unidade de...

Novas xefaturas para o servizo de Análises Clínicas e a Unidade de Coloproctoloxía do Chuvi

Con estes nomeamentos o Sergas busca a mellora dentro dos tempos de resposta do CHUVI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) nomeou aos facultativos Arturo Fernández e Enrique Moncada como xefe do servizo de Análises Clínicas e xefe de sección da Unidade de Coloproctología, integrado en en Cirurxía Xeral e Dixestivo, respectivamente, do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Tal e como recolleu a xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo nun comunicado, Arturo Fernández, licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), destacou a “mellora” nos tempos de resposta das analíticas solicitadas nos servizos urxentes como o seu principal reto á fronte do departamento de Análises Clínicas.

En concreto, este facultativo exerceu no Hospital Meixoeiro durante tres décadas como director do Laboratorio, xefe de sección e xefe de servizo, así como responsable de Análises Clínicas.

Mentres, Enrique Moncada, que cursou os seus estudos en Zaragoza e exerce como médico no Chuvi desde hai 13 anos, sinalou como o seu principal obxectivo a “excelencia” da Unidade de Coloproctología e puxo en valor a formación do persoal do departamento.

Así mesmo, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o nomeamento da enfermeira María Martínez como supervisora da Unidade de Esterilización do Hospital Meixoeiro. Esta profesional exerceu durante nove anos no Sergas e, durante o últimos oito, traballou en quirófano e nunha Unidade de Esterilización.

Tamén se nomeou a Úrsula Méndez, que desempeñou o seu labor no Hospital Meixoeiro ata a apertura do centro Álvaro Cunqueiro, como supervisora de Hospitalización de Urología-Otorrinolanigología. Así mesmo, Antonio Rodríguez Pena asumiu a supervisión do departamento de Medicamento Interno-Pluripatologías do Hospital Meixoeiro.

ÚLTIMAS

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...

Unha condutora resulta ferida tras facer un trompo e saírse da vía na VG-20 ao seu paso por Vigo

Unha condutora resultou ferida na tarde deste xoves en Vigo tras saírse da vía...