InicioMedio Ambiente e PatrimonioSanidade alerta: as analíticas no río Muíños en Nigrán seguen a ser...

Sanidade alerta: as analíticas no río Muíños en Nigrán seguen a ser desfavorables

Sanidade alertou de que o concello "continua incumprindo o requirimento que o 12 de agosto se realizou" para que "informase adecuadamente á poboación do risco sanitario", acoutando a zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou de que os últimos resultados analíticos das mostras de auga tomadas esta semana polos farmacéuticos e inspectores de Saúde Pública da Administración galega no leito do río Muíños que discorre por Praia América, no municipio pontevedrés de Nigrán, continúan sendo desfavorables e confirman a contaminación fecal.

Con esta información, a Xunta reiterou ao Concello de Nigrán a necesidade de que “sinalice adecuadamente a zona” e “manteña a recomendación de non bañarse tanto no leito do río que discorre pola praia como na desembocadura”.

En base á normativa vixente, Sanidade alertou de que o concello “continua incumprindo o requirimento que o 12 de agosto se realizou” para que “informase adecuadamente á poboación do risco sanitario”, acoutando a zona.

A sinalización recomendada ao concello por parte da consellería desde o 12 de agosto debería estar instalada no acceso inmediato para o baño nos meandros do río, informando da afectación por escherichia coli.

“A sinalización que o concello ten situada no paseo da praia e nos seus accesos, lonxe da zona de baño do río e dificilmente visibles polos bañistas, unicamente prohibe o baño nunha zona da reserva natural, co obxectivo de protexer a flora e a fauna”, indica a Xunta.

Sanidade subliñou que a contaminación do río Muíños “non é un feito illado, se non recorrente”. Na tempada de baño do ano 2017, explica a Administración galega, “tense constancia dun episodio semellante” e na tempada actual o primeiro resultado desfavorable data do 9 de agosto.

ÚLTIMAS

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e Los Muchahos, no cartel do Festival de Cans

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e os Raparigos son algunhas das...

Localizada en bo estado a muller de 41 anos desaparecida en Vigo o pasado domingo

A veciña de Vigo de 41 anos de idade desaparecida desde o pasado domingo,...

O BNG de Vigo denuncia “precariedade” na agrupación de Protección Civil e pide “solucións urxentes”

O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, demandou ao goberno local...

O acusado de agredir dúas mozas en Vigo nega os feitos e as vítimas aseguran que estaban en “shock”

Un acusado de agredir sexualmente a dous mozos en Vigo desmentiu os feitos nunha...