InicioSociedadeCaballero quere converter as luces do Nadal nun filón turístico

Caballero quere converter as luces do Nadal nun filón turístico

Segundo o alcalde de Vigo, a estas alturas do ano as reservas de aloxamento para esas datas na cidade olívica están próximas ao cheo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A inauguración da iluminación do Nadal de Vigo xa ten data: será o 23 de novembro e contará con “máis luces” e unha “noria xigantesca”, segundo confirmou este mércores o alcalde, Abel Caballero.

Nunha rolda de prensa, o rexedor anunciou xa, tres meses antes da inauguración e catro antes do Nadal, o aceso das luces dunha campaña que, proclamou, pon a Vigo nun “nivel ‘golden”.

Segundo explicou, a estas alturas do ano as reservas de aloxamento para esas datas na cidade olívica están próximas ao cheo, algo que “só pasa cos grandes eventos, como as luces de Nadal de Vigo ou a inauguración duns Xogos Olímpicos”.

Abel Caballero confirmou, así mesmo, que a iluminación estará acendida ata o 11 de xaneiro, e que este ano haberá “máis luces” e unha “noria xigantesca”, duns 60 metros, en cálea Concepción Arenal, entre a Praza de Compostela e Areal.

O alcalde sinalou que a iluminación do Nadal é “a máis importante promoción turística” de Vigo “ao menor custo”, á vez que proclamou que o seu goberno “mide ao céntimo” o uso do diñeiro público.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...