InicioEconomíaO PP esixe a Pedro Sánchez que non aplique peaxes ás autovías...

O PP esixe a Pedro Sánchez que non aplique peaxes ás autovías da provincia de Pontevedra

Pide ao Goberno central que "aclare que autovías se verán afectadas polas peaxes" e a contía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Pontevedra rexistrou, a través dos seus deputados no Congreso Ana Pastor e Diego Gago, dúas preguntas reclamando ao Goberno de Pedro Sánchez que “aclare o seu anuncio sobre a imposición de novas peaxes nas autovías” e que informe aos pontevedreses sobre cales serían as autovías afectadas na provincia e a canto ascendería o importe a abonar por cada usuario pola utilización das mesmas.

Os deputados populares pontevedresas mostraron a súa preocupación sobre o “prexuízo” que suporía para os propios usuarios, para o transporte comercial, así como para a chegada de turistas, o anuncio de posible implantación de peaxes nas autovías da provincia, polo que esixiron ao presidente do Executivo central que “non encareza máis as comunicacións coa capital e o resto da Meseta”.

“Fronte á eliminación da peaxe de volta de Vigo-Pontevedra en plena crise económica sendo ministra de Fomento a actual deputada do PP Ana Pastor, Sánchez estuda a imposición de novas peaxes en infraestruturas que ata agora eran gratuítas para os pontevedreses, coa intención de mitigar a desaceleración económica e a falta de xestión dun Goberno débil”, denunciaron.

Por iso, Pastor e Gago reclamaron ao Executivo que antes de impor novos impostos e dificultar aínda máis as comunicacións, “se preocupe de finalizar as grandes infraestruturas pendentes” con Pontevedra, co que lembraron “o compromiso” do Partido Popular co soterramento da autovía A-55 á altura do Concello de Mos, a petición ao Goberno de Sánchez da realización do saída sur do corredor ferroviario ou a eliminación da peaxe Vigo-Redondela, ademais da “efectiva e urxente” chegada do Ave, entre outras actuacións.

“Fronte ao aumento dos impostos, a inestabilidade política e o decrecemento económico característico dos executivos socialistas, o Partido Popular seguirá promovendo gobernos de crecemento, liberdade e redución de impostos, como en Galicia e na Comunidade de Madrid”, subliñaron.

ÚLTIMAS

Abel Caballero afirma que Zona Franca está a “salvar a ETEA” co novo aparcadoiro ante a “inacción” da Xunta

O alcalde de Vigo e presidente do Consorcio da Zona Franca, Abel Caballero, defendeu...

Asociacións veciñais de Vigo protestarán para rematar coas peaxes da AP-9: “Levamos 40 anos pagando mentres outras autoestradas son gratuítas”

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) convocou unha manifestación o...

Ana Pontón e Abel Caballero denuncian o “colapso” das urxencias en Galicia e cargan contra a política sanitaria da Xunta

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao PPdeG a "deixar de xogar...

Diminúe nun 40% a riqueza mariña das Illas Atlánticas

Un estudo de investigadores do Centro de Estudos Avanzados de Blanes (CEAB-CSIC) e da...