InicioSucesosDetido un veciño de Vigo por ameazas de morte a un cuñado...

Detido un veciño de Vigo por ameazas de morte a un cuñado seu

Os feitos tiveron na parroquia de Coruxo, onde dous homes discutían por un canalón de auga que molestaba a un deles.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, J.G.H., de 65 anos de idade, como presunto autor dun intento de agresión e de ameazas de morte ao seu cuñado, de 51 anos de idade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar ao mediodía deste xoves, nunha leira da parroquia de Coruxo, cara onde se desprazou unha dotación do 092 alertada porque se estaba producindo unha pelexa. Cando os axentes chegaron viron dous homes discutindo, un deles coa a camisola rota, e o outro tiña negróns.

Un deles, J.G.H., explicou aos axentes que collera unha ‘pata de cabra’ para separar un canlón de auga que evacuaba á beira da xanela do seu dormitorio e que lle molestaba polo ruído. Segundo a súa versión, o seu cuñado empezou a increpalo por isto.

O aludido sinalou, pola súa banda, que ata ese punto o relato era certo, pero que cando chamou a atención ao seu cuñado, mostrou a ‘pata de cabra’ e dirixiuse cara a el con intención de bater nel, mentres o ameazaba de morte.

O home conseguiu suxeitarlle o brazo para evitar a agresión e produciuse unha liorta entre ambos, que caeron ao chan, o que provocou a rotura das roupas e os negróns. A versión deste home foi corroborada pola súa filla, que fora testemuña dos feitos e que, ademais, gravara todo co seu teléfono móbil. Ante estes feitos, os axentes procederon á detención de J.G.H., de 65 anos de idade, como presunto autor dun delito grave de ameazas.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...