InicioSociedadeNovo fisioterapeuta para o centro de saúde do barrio vigués de Navia

Novo fisioterapeuta para o centro de saúde do barrio vigués de Navia

Segundo recolleu a xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo nun comunicado, no que vai de ano, incorporáronse ao persoal deste centro outros tres profesionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O centro de saúde do barrio vigués de Navia incorporou un novo fisioterapeuta en horario de tarde que se sumará aos tres profesionais desta categoría que xa desempeñan o seu labor nestas instalacións.

Segundo recolleu a xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo nun comunicado, no que vai de ano, incorporáronse ao persoal deste centro outro tres profesionais, un odontólogo, un higienista bucal e un traballador de servizos xerais.

En concreto, este centro de Atención Primaria conta con 36 empregados: oito médicos Familia, tres pediatras, dous odontólogos, nove enfermeiras, unha matrona, catro fisioterapeutas, dous técnicos de coidados auxiliares de enfermaría, dúas higienistas dentrales e cinco traballadores de servcios xerais.

Precisamente, o xerente da EOXI de Vigo, Julio García, visitou xoves este centro xunto a membros da dirección da área sanitaria e reuniuse cos profesionais. Así, asegurou que esta actuación mostra o “esforzo” que leva a cabo de face a mellorar o servizo de Atención Primaria.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...