InicioEconomíaO aeroporto de Porto xera beneficios a Vigo pola chegada de turistas...

O aeroporto de Porto xera beneficios a Vigo pola chegada de turistas de voos baratos

Economistas calculan o impacto que produce na Eurorrexión o auxe de compañías de baixo custo no aeroporto portuense. A terminal lusa recibe máis do dobre de pasaxeiros que as tres galegas xuntas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro aeroportos nunha liña norte-sur duns 300 quilómetros, entre A Coruña e Porto, dan cobertura aérea a unha poboación de 6,4 millóns de habitantes, os residentes na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

guerra dos aeroportos aquí levou a unha competencia fratricida, non só entre Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña –marcada polo populismo localista dos que gobernan–, tamén co veciño aeroporto Francisco Sá Carneiro. A pelexa por atraer máis compañías, voos e pasaxeiros levou a cada quen a ampliar e/ou modernizar as súas instalación e a abrir as súas pistas a toda unha variedade de compañías de baixo custo como estratexia comercial, sen artellar unha estratexia conxunta acorde co marco económico e social da Eurorrexión. Nesa batalla por conquistar os ceos, Sá Carneiro vai gañando aos aeroportos galegos.

Pero o que se podería interpretar como unha perda para Galicia ten outra lectura en clave de ganancias: Sá Carneiro xera unha media de entre 1,4 e 2 millóns de euros mensuais para Galicia polo impacto do turismo que aterra con compañías de baixo custo. Así o conclúe un estudo realizado por economistas da Universidade de Vigo, que analizaron o impacto do auxe da terminal portuense e dos voos low-cost na Eurorrexión.

INFORMACIÓN COMPLETA, EN GALICIA CONFIDENCIAL

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...