InicioSucesosDetido un veciño de Vigo por roubo con forza nun establecemento da...

Detido un veciño de Vigo por roubo con forza nun establecemento da cidade

O home acabou recoñecendo os feitos, e admitindo que subtraera "algo de diñeiro" no devandito establecemento, polo que foi detido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, F.J.G.D., de 40 anos de idade e natural de Las Palmas de Gran Canaria, como presunto autor dun delito de roubo con forza nun establecemento da Avenida de Ramón Nieto.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste venres, e foi unha testemuña o que alertou ao 092 de que acababa de ver a un individuo roubando nun local. Coa descrición facilitada pola testemuña, os axentes conseguiron localizar ao sospeitoso na confluencia da Avenida de Ramón Nieto e a rúa Cantabria.

Ao decatarse da presenza policial, o suposto ladrón subiuse a un poste da iluminación pública e arroxou algo a unha leira. Ao ser identificado, negou os feitos, pero varias testemuñas recoñecérono.

Por outra banda, tras avisar ao dono do establecemento, este permitiu visionar as cámaras de seguridade do local, e as imaxes mostraron a este home violentando o enreixado e a porta de acceso ao local, con axuda dun cómplice.

Ante as evidencias, o home acabou recoñecendo os feitos, e admitindo que subtraera “algo de diñeiro” no devandito establecemento, polo que foi detido.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Piden máis de 16 anos de cárcere para un acusado de violar e roubar a unha muller en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará este...

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...