InicioSociedadeAbel Caballero reitera "todo o apoio do goberno e da cidade" á...

Abel Caballero reitera “todo o apoio do goberno e da cidade” á folga de Atención Primaria

O alcalde de Vigo lembrou que os facultativos "piden máis medios e máis tempo para os seus pacientes".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este mércores, coincidindo coa xornada de folga de médicos de Atención Primaria en Galicia, o seu apoio a este colectivo, e subliñou que tanto el como o seu equipo comparten os “obxectivos” da protesta.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico lembrou que os facultativos “piden máis medios e máis tempo para os seus pacientes”, e apuntou que, na cidade de Vigo, “desde que chegou Feijóo, hai menos centros de Atención Primaria”. “Non só parou o cinco que tiña previstos o anterior goberno, senón que pechou o de Beiramar”, subliñou.

O alcalde tamén volveu a incidir en que, dez anos despois da cesión dos terreos, a Xunta non construíu o centro de saúde en Bouzas. Na parcela, denunciou, “só hai maleza e sucidade” porque “nin sequera a limpan”.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...