InicioPolíticaUnha réplica das Illas Cíes na futura Porta do Sol de Vigo

Unha réplica das Illas Cíes na futura Porta do Sol de Vigo

O Concello de Vigo licita a humanización e peonalización desta praza por 17 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a licitación das obras de humanización e peonalización de Porta do Sol, que levarán o soterramento do tráfico, por un importe de 17 millóns de euros. En concreto, as ofertas poderán presentarse ata o próximo 28 de xuño, segundo detallou Abel Caballero durante unha rolda de prensa celebrada este martes na cidade olívica.

O prazo de execución das obras terá un período de dous anos e este proxecto estará sufragado na súa totalidade por fondos europeos a través da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (Edusi).

O rexedor vigués anunciou que, ademais da humanización e as actuacións pertinentes respecto ao saneamento da zona, entre as accións que se desenvolverán tamén se incluirá a colocación dunha réplica das Illas Cíes no espazo de Porta do Sol.

En concreto, estas obras incluirán a reapertura do aparcadoiro subterráneo da zona, pechado hai varios anos, e o soterramento do tráfico para converter a zona nunha gran praza peonil.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...