InicioPolíticaMarea de Vigo pide aumentar bolsas de comedor e libros

Marea de Vigo pide aumentar bolsas de comedor e libros

Critica, ademais, cambios de criterio "orientados" á concertada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo reclamou este xoves que se dote con máis diñeiro as partidas destinadas a bolsas de libros e axudas de comedor escolar, xa que “levan sendo as mesmas desde fai dúas lexislaturas”, á vez que criticou que se introduciron cambios no prego “orientados” á educación concertada.

Segundo sinalou nun comunicado Rubén Pérez Correa, “non é razoable” que o goberno municipal aumente partidas para outras actuacións, como obras de humanización, e non incremente o diñeiro destinado a esas axudas, que teñen o mesmo importe desde hai anos, 1,2 millóns de euros.

Así mesmo, o portavoz de Marea de Vigo chamou a atención sobre algunhas modificacións no prego, “que non son orientadas á educación pública, senón á concertada” como as subvencións para uniformes.

“O que debe facer un goberno local progresista é presionar para un cambio de zonificación escolar que potencie a educación pública, e promover a apertura de novos centros públicos que poidan cubrir toda a demanda escolar, e así non continuar engordando as contas do ensino privado a través dos concertos”, proclamou Pérez Correa.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

Medio Ambiente cifra en máis dun 30% a perda de auga en Vigo por fugas en canalizacións

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, cifrou en máis dun...

A CIG pide mellorar a prevención nas canteiras tras o accidente do Porriño

A Unión Local da CIG de O Porriño esixiu que se reforce a prevención...

Luisa Sánchez (PP) acusa a Sánchez de “deixar una lista longa de compromisos pendentes” con Vigo

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, fixo este martes balance da lexislatura...