InicioPolíticaO BNG de Vigo propón medidas para o pequeno comercio máis aló...

O BNG de Vigo propón medidas para o pequeno comercio máis aló de “9 millóns de luces en Nadal”

O candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Iglesias, reclamou campañas "durante todo o ano" para axudar a estes negocios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Iglesias, apostou por pór en marcha medidas de apoio ao comercio local en todos os barrios da cidade, e durante todo o ano, e advertiu de que as políticas municipais neste ámbito non poden cinguirse a “9 millóns de luces led en período do Nadal”.

En declaracións aos medios antes de visitar, xunto á candidata ao Europarlamento, Ana Miranda, o mercado do Progreso, o candidato nacionalista propuxo, como primeira medida, establecer unha moratoria de 10 anos para frear a apertura de novas grandes superficies comerciais, que compiten de forma desigual cos pequenos e medianos comerciantes, e “desertizan zonas enteiras”.

Así mesmo, reclamou campañas “durante todo o ano” para axudar a estes negocios, así como a posta en marcha dun portal municipal para dinamizar o comercio local e darlle ferramentas tecnolóxicas que lles permitan competir. Nesa liña, Xabier P. Iglesias recalcou que os mercados municipais e os centros comerciais abertos teñen que ser “elementos fundamentais” na vida dos barrios.

DEFENSA EN EUROPA

Pola súa banda, Ana Miranda criticou a política de “moito escaparate e pouca implementación nos barrios” que leva a cabo en cidades como Vigo, e incidiu en que o pequeno comercio é “o que fixa poboación”.

Por iso, apostou por medidas a nivel local que faciliten esta actividade, como a adecuación das taxas de recollida de lixo ou da auga; pero tamén por medidas que transcenden o ámbito municipal, como a “etiquetaxe de calidade”, o fomento dos produtos de orixe ou a celebración de mercados ao aire libre “como se fai noutras cidades europeas”. A candidata lembrou que existen fondos europeos para apoiar ao comercio, e reclamou que non só se aproveiten deles as grandes superficies.

Finalmente, Ana Miranda reivindicou o seu defensa da cidade olívica no Parlamento da UE, en cuestións como a designación do porto como terminal principal na rede transeuropea de transporte, a proposta de creación dunha Axencia Europea dos Océanos, ou na defensa da conexión ferroviaria con Portugal. De feito, recalcou, é “a única candidata” ao Europarlamento “que é de Vigo”.

ÚLTIMAS

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...