InicioEconomíaDelegados sindicais manteñen o seu peche en PSA Vigo e anuncian concentracións...

Delegados sindicais manteñen o seu peche en PSA Vigo e anuncian concentracións na planta

seguirán o peche ata que a empresa "reconsidere" a súa postura".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os responsables de CC.OO., UGT e CIG na planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo manteñen o peche que iniciaron este luns en dependencias da dirección da empresa, e anunciaron concentracións de protesta nas diferentes quendas de traballo.

Os representantes sindicais, que permanecen na planta terceira do edificio coñecido como ‘casa branca’, á beira do despacho do director da fábrica, dirixiron un escrito a Ignacio Bo, no que lle piden “responsabilidade” e lembran que a dirección da factoría coñece a situación de sobrecarga que padecen os traballadores na liña de montaxe, especialmente no sistema 2.

“Non poden continuar obviando a súa responsabilidade polo que está a suceder en Montaxe, e moito menos esixir máis produtividade aos traballadores, externalizar máis operacións, ou reducir máis postos”, advertiron o tres sindicatos.

Por iso, confirmaron que seguirán o peche ata que a empresa “reconsidere” a súa postura, e avanzaron que, desde este martes, realizaranse concentracións de apoio aos delegados pechados ás 13,30 horas (antes da quenda de tarde), ás 14,00 horas (ao acabar a quenda de mañá) e ás 21,30 horas (antes da quenda de noite).

A dirección de PSA Vigo trasladou nas últimas horas a súa sorpresa polo peche, xa que mantén un “diálogo aberto permanente” para atender as cuestións que afectan os traballadores, e pediu “responsabilidade” aos sindicatos, aos que lembrou que existe unha mesa de diálogo sobre a organización do traballo no sistema 2.

ÚLTIMAS

Trasladado a Vigo en helicóptero un mariñeiro ferido grave mentres faenaba a 100 millas de Cabo Vilán

Un mariñeiro tivo que ser trasladado a Vigo en helicóptero na noite deste pasado...

O condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos morreu por un paro cardíaco

A autopsia practicada ao condutor de 52 anos falecido o pasado domingo tras unha...

O goberno de Vigo di que actuou dentro da legalidade tras suspedr o contrato do bus

O Concello de Vigo fixo público este martes un comunicado sobre a suspensión da...

O Concello de Vigo critica o “estado lamentable” da antiga estación de autobuses tras cederlla a Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello aceptará a cesión da...