InicioEconomíaTui xa ten plan de Turismo orientado en impulsar a economía local

Tui xa ten plan de Turismo orientado en impulsar a economía local

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui presentou este martes o seu Plan Director de Turismo baseado en catro grandes retos: gobernanza e xestión turística, desestacionalización, profesionalización e competitividade e sostibilidade.

Este novo plan recolle seis estratéxicas básicas a desenvolver coma o deseño e implementación dun modelo de gobernanza e xestión que poña en valor o feito turístico. Tamén o impulso de Tui como un destino atractivo ao longo do ano, a promoción orientada aos segmentos de demanda actuais e potenciais, e o impulso á comercialización do destino. Outras estratexías plantexadas son a mellora da profesionalización do sector e da competitividade do destino, e o posicionamento de Tui coma un destino sostible.

O Plan Estratéxico recolle 10 programas de accións, 46 acción concretas e 76 indicadores. Así nos programas de acción contempla en primeiro lugar a estruturación dun modelo de xestión turística no Concello de Tui, a mellora e optimización do punto de información turística e do seu servizo ao visitante, así coma a creación de experiencias turísticas que poñan en valor o patrimonio.  Tamén recolle a mellora do coñecemento da demanda turística, a definición dun plan de comunicación online e offline, a definición dunha estratexia de comercialización e o impulso de accións para a mellora da competitividade e da profesionalización do sector.

Outros programas de accións céntranse na mellora  do estado de conservación e mantemento do patrimonio natural e cultural, a reordenación de fluxos turísticos na cidade e a posta en valor de recursos turístico localizados fóra da zona centro, e por último un plan para o control da proliferación de vivendas turísticas de uso turístico ilegal.

O plan foi realizado pola empresa Valora tras realizar unha mesa sectorial e tamén enquisas online para coñecer a percepción que do turismo da cidade ten tanto o sector coma a poboación en xeral.  O alcalde, Carlos Vázquez Padín, xunto a Antonio Rodríguez García e Tamara Tilve de Valora, foron os responsables de dar a coñecer o traballo desenvolvido nos últimos meses.

“ECONOMIA LOCAL”

Así, Padín explicou que este Plan Director e Estratéxico de Turismo senta as bases para que a próxima corporación teña unha folla de ruta de cómo actuar no ámbito do turismo, que “ten unha importancia estratéxica para a nosa economía”. Apuntaba que “un paso importante para pór en valor o noso potencial patrimonial e natural”. O propio concello indicaba que dentro deste plan “unha serie de deberes en canto a dotación dun persoal mínimo que permite estabilizar e darlle uns criterios á xestión turística”. Nese senso apuntaba que xa nos orzamentos de 2018 figuraba a creación dunha praza de técnico de turismo e outra de intérprete do patrimonio, que será xa a próxima corporación quen deba iniciar o proceso de contratación.

ÚLTIMAS

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...

Abanca reúne ás principais asociacións da Ría de Vigo para escoitar as súas peticións e ofrecer solucións

Abanca materializou o seu apoio ao sector do mar coa celebración dun encontro especializado...

Anpas de Vigo denuncian a “situación de abandono” e o “desmantelamento” do ensino público

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Vigo e...

Vigo únese á dor polo accidente de Toledo: Abel Caballero suspende axenda e pide que “este país estea unido” ante a traxedia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a cancelación de toda a súa axenda...