InicioEconomíaUn estudo navarro gaña o concurso para construír o World Car Center...

Un estudo navarro gaña o concurso para construír o World Car Center de Zona Franca en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O estudo de arquitectura navarrol Vaíllo Irigaray e Asociados alzouse como gañador do concurso de ideas convocado pola Zona Franca de Vigo para a construción do World Car Center en Balaídos, cun proxecto que ofrece “un edificio icónico que se converterá na carta de presentación do sector da automoción”.

Segundo informou este venres en rolda de prensa o delegado de Zona Franca, David Regades, o xurado elixiu este proxecto, denominado ECOHUB.WCC, pola súa calidade arquitectónica, o seu carácter industrial e tecnolóxico, e a eficaz integración na contorna.

Así mesmo, valorouse a polivalencia e flexibilidade dos espazos, os accesos orientados ao polígono e ao estadio de Balaídos, o ‘green hub lab’ exposto na cuberta, a inclusión dunha praza ou a sustentabilidade ambiental do edificio, que tamén integra un espazo arboledo na parcela.

O World Car Center estará formado por dous edificios conectados por catro plantas dun inmoble preexistente e a súa construción conta cun investimento de 14 millóns de euros. No seu interior albergará a aceleradora de ‘start-ups’ da automoción (Business Factory Auto); a sede da Universidade Corporativa de CEAGA; unha incubadora de alta tecnoloxía e centro de innovación (High Tech Auto); un laboratorio de materiais e procesos produtivos; auditorio; cafetaría; etc.

ÚLTIMAS

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...

Abanca estrea as súas novas instalacións corporativas en Vigo cun investimento que supera os 25 millóns de euros

Abanca estreou este luns, 16 de novembro, as súas novas instalacións corporativas en Vigo,...

O Nadal de Vigo publicitarase en Londres, París, Nova York e Lisboa

O Concello de Vigo despregou a súa habitual campaña publicitaria a través de mupis...