InicioSociedadeAbel Caballero acusa á Xunta de paralizar obras en Vigo "sen razón"

Abel Caballero acusa á Xunta de paralizar obras en Vigo “sen razón”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este venres novas “paralizacións” de obras na cidade por parte da Xunta, “por pura política electoral” e “sen ningunha razón”. Así, afirmou nunha rolda de prensa que a administración autonómica paraliza actuacións de asfaltado e pavimentación nas rúas Areal, Vitoria, Luís Taboada e Carral por cuestións arqueolóxicas.

Segundo explicou o rexedor, as obras consisten en levantar o actual firme e substituílo por unha nova capa de asfalto, nunha actuación duns “20 centímetros” de grosor. “Que risco arqueolóxico ten iso?“, preguntouse Caballero, quen cualificou de “escándalo” a posición da Xunta.

A ese respecto, precisou que a arqueóloga municipal desestimou que sexa necesaria a realización de catas, e lembrou que o Concello xa actuou na Praza de Compostela, levantando o asfalto “ata 80 centímetros” e, nese momento, o goberno galego non expuxo esas cautelas.

Para o alcalde, “isto ten un nome”, e son a Xunta e Feijóo que “non queren que se fagan melloras na cidade”. “Desde cando fai falta un informe arqueolóxico para asfaltar?”, cuestionou, e proclamou que isto é “unha agresión a Vigo”, “pura política electoral” do goberno autonómico, parando obras “sen ningunha razón nin ningunha causa”.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...