InicioSociedadeMarea de Vigo pide que os voos a Madrid e Barcelona sexan...

Marea de Vigo pide que os voos a Madrid e Barcelona sexan de ‘obrigado servizo público’

Así o trasladou en rolda de prensa o portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, quen apuntou que este sería "un bo primeiro paso" para consolidar rutas estratéxicas desde a cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo propuxo este xoves que o goberno local solicite ao Ministerio de Fomento a declaración de ‘obrigado servizo público’ (OSP) para as rutas que operan desde Peinador a Madrid e Barcelona, de maneira que poidan contar con financión das administracións central e autonómica, e teñan prezos máis competitivos.

Así o trasladou en rolda de prensa o portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, quen apuntou que este sería “un bo primeiro paso” para consolidar rutas estratéxicas desde a cidade olívica, e acabar coa “batalla” entre o Concello e o Goberno galego acerca do financiamento de voos.

A ese respecto, o portavoz de Marea incidiu en que a subvención directa a liñas aéreas privadas, a través de “supostos concursos públicos” é unha “política fracasada”, como quedou de manifesto con Ryanair. Segundo sinalou, esta compañía é “especialista en captar diñeiro público” e “logo darse o piro”, como ocorreu en Vigo.

Por iso, Marea de Vigo expuxo que se solicite a declaración de OSP para as conexións con Madrid e Barcelona, unha consideración que xa teñen outras conexións en España, como os voos desde Canarias, a ruta Almería-Sevilla, ou as liñas de Badaxoz a Madrid e Barcelona. “Se Badajoz pode, Vigo tamén”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...