InicioVigo e contornaVigoGonzalo Caballero: "Hai que participar para facer unha barreira de contención fronte...

Gonzalo Caballero: “Hai que participar para facer unha barreira de contención fronte á ultradereita”

Pide a Feijóo que "non sexa morno" coa ultradereita e aclare se está disposto a pactar con Vox.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo un chamamento este venres á participación nas eleccións xerais do 28 de abril, para facer “unha barreira de contención fronte á dereita que quere abrazar á ultradereita” e apelou directamente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que aclare “se o PP de Galicia está disposto a pactos cunha forza como Vox“.

Nun acto celebrado en Vigo, de presentación dos candidatos do PSdeG ás Cortes Xerais pola provincia de Pontevedra, Gonzalo Caballero insistiu na “importancia máxima” destes comicios, nos que os cidadáns “se xogan dous modelos de país”: o de “a dereita que abraza a ultradereita” e o do “progreso e avance social” que representan o PSOE e Pedro Sánchez.

O líder dos socialistas galegos reiterou que os populares abandonaron “o centro político e ao electorado moderado”, e por iso pediu o apoio da cidadanía a “as mellores candidaturas”, para “consolidar” o goberno de Sánchez e que o PSOE “teña unha maioría ampla, sólida e nítida”.

Así mesmo, asegurou que, en Galicia, onde o PP “ten a expectativa de voto máis baixa nunhas xerais desde 1982” e “o tempo de control político da dereita chegou ao seu fin”, o PSOE avanzará e aumentará o seu número de votos e de representantes nas Cortes.

“O PSOE está motivado, con ganas, con forza e ten os deberes feitos. Saímos a pedir á cidadanía que non quede en casa”, proclamou, e pediu a Feijóo “que non sexa morno no seu comportamento político coa ultradereita”. “Que, con claridade, mostre se o PP de Galicia está disposto a pactos cunha forza política de ultradereita como Vox”, incidiu.

CANDIDATURAS

Pola súa banda, o secretario do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra, David Regades, quen agradeceu o traballo “intenso” de Lola Galovart no Congreso, puxo en valor aos candidatos do seu partido ás Cortes Xerais, candidatos que representan “á sociedade”.

Tras defender a acción de goberno de Pedro Sánchez, Regades subliñou que o PSOE aspira a ser a forza máis votada na provincia o próximo 28 de abril. “Imos a por todas”, afirmou.

A cabeza de lista para o Congreso, a concelleira viguesa Olga Alonso, reivindicou “a política con maiúsculas”, é dicir, as políticas sociais e de benestar do PSOE, así como o traballo pola igualdade, a xeración de emprego e a defensa dos servizos públicos. A ese respecto, recalcou que o partido ten en Vigo “o mellor mestre”, a persoa “máis comprometida”, que é “un exemplo”, en alusión ao alcalde, Abel Caballero.

A candidatura do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra ao Congreso complétase con Guillermo Meijón, Ángeles Marra, Jorge María López, Olga Rodríguez Puga, Diego Cuíña Igrexas e María Pérez Martínez. Mentres, a lista para o Senado estará encabezada por Modesto Pose, seguido por Margarita Adrio, Daniel Chenlo e Sara Juncal.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...