InicioSociedadeVigo acollerá un programa de axuda para mulleres embarazadas en risco de...

Vigo acollerá un programa de axuda para mulleres embarazadas en risco de exclusión social

PUBLICADO O

- Advertisement -

O centro de saúde de Navia, en Vigo, acollerá un programa gratuíto de axuda a mulleres embarazadas que se atopen en risco de exclusión social. O obxectivo é prestar este apoio desde o período de xestación ata que o neno cumpra 18 meses.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo en colaboración coa Fundación Meniños, segundo trasladou a área sanitaria da cidade olívica nun comunicado.

As mulleres participantes neste programa, cuxas sesións serán desenvolvidas por unha psicóloga, serán seleccionadas por matronas e traballadoras sociais da zona.

En concreto, o plan divídese en varias etapas a través das que se realizará un seguimento destas mulleres. A primeira parte consistirá en coñecer os problemas aos que se enfrontan e achegar as solucións ou os apoios psicolóxicos necesarios para resolvelos dun modo individual. Posteriormente, combinaranse as sesións personalizadas con outras grupais durante dúas horas á semana.

Ademais, dividirase ás mulleres xestantes e ás que xa foron nais en dous grupos diferenciados. Este proxecto forma parte do plan de humanización desenvolvido na área sanitaria de Vigo e recolleito na Estratexia XXI.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...