InicioSociedadeFormación en ofimática para unha ducia de persoas con discapacidade en Moaña

Formación en ofimática para unha ducia de persoas con discapacidade en Moaña

Esta iniciativa busca actualizar a formación destas persoas así como prepararlas para entrar de novo no mercado laboral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 12 persoas con discapacidade realiza un curso de ofimática básica, impartido pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), en Moaña (Pontevedra) ata o próximo 10 de abril.

Nun comunicado, a asociación detallou que se trata dunha formación de 100 horas realizada en horario de 9,00 a 14,00 horas no Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT). Así, o curso divídese en tres módulos: Internet, escritura e cálculo.

En concreto, os participantes son residentes nas localidades pontevedresas de Moaña, Bueu, Marín e Cangas do Morrazo e contan con idades comprendidas entre os 33 e os 57 anos. En total, forman parte da actividade sete mulleres e cinco homes.

Esta iniciativa, subvencionada pola Consellería de Política Social, busca actualizar a formación destas persoas, que traballaron en sectores como a construción, a hostalaría, o comercio, o transporte e a limpeza; así como prepararlles para entrar de novo no mercado laboral.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...