InicioSociedadeAbel Caballero, "orgulloso" da "loita" dos médicos de Atención Primaria, pide a...

Abel Caballero, “orgulloso” da “loita” dos médicos de Atención Primaria, pide a Feijóo que asuma as súas demandas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expresou este mércores o “recoñecemento” e “orgullo” do goberno local e da cidade cara aos profesionais da Atención Primaria da área viguesa, aos que trasladou o “agradecemento” pola súa “valentía” na súa defensa dunha sanidade pública de calidade.

Así o transmitiu en rolda de prensa o rexedor, horas despois de que os xefes de centros de saúde de Vigo ratificasen a súa dimisión “irrevogable” ante o “abandono” da Atención Primaria por parte do goberno galego.

Segundo proclamou Abel Caballero, estes profesionais “están a defender aos seus pacientes” mesmo por encima dos seus cargos, e dimitiron en defensa deses pacientes e dos cidadáns de Vigo. “Son un exemplo de compromiso social”, recalcou.

“Estamos moi orgullosos da súa loita, e o seu éxito será o éxito de todos os cidadáns de Vigo”, aseverou Caballero, quen, a continuación, subliñou que os traballadores “deron unha mostra enorme da súa capacidade de diálogo”. Por contra, lamentou que a Xunta non dera resposta ás súas formulacións, o que lle levou a esixir “a Feijóo” que “asuma de forma inmediata” as demandas destes profesionais.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...