InicioMovementos SociaisAs mulleres mosenses, encabezadas pola súa alcaldesa, celebran o 8M facendo o...

As mulleres mosenses, encabezadas pola súa alcaldesa, celebran o 8M facendo o Camiño portugués

Unha iniciativa máis deste 8M.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este venres 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller 2019 e o Concello de Mos conmemórao coa iniciativa “Xuntas no Camiño” que hoxe deu comezo e rematará o 12 de marzo.

Participan un total de 73 mulleres mosenses entre as que se atopan a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e a edil mosense de Participación Cidadá, Julia Loureiro.

As 70 beneficiarias da actividade son mulleres de Mos maiores de 18 anos que realizarán o Camiño de Santiago dende Mos en 5 etapas. Cada etapa terá saída e regreso en autocar dende o Pazo de Mos.

Hoxe día 8 faise a etapa Tui – Mos (de 9:00 a 14:00 h) o día 9 Mos – Pontevedra (de 9:00 a 17:00 h) o día 10 Pontevedra – Caldas (de 9:00 a 17:00 h), o día 11 Caldas – Padrón (de 9:00 a 17:00 h) e o día 12 Padrón – Santiago (de 9:00 a 20:00 h).

Por outra banda o sábado 16 de marzo celebrarase a Cea Baile “Son Muller” tamén para mulleres maiores de 18 anos, no Pavillón Óscar Pereiro. Dará comezo ás 22.00 h e o prezo por persoa é de 20 €.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...