InicioSociedadeO BNG vigués pon o foco na problemática da regulación do estacionamento

O BNG vigués pon o foco na problemática da regulación do estacionamento

Os nacionalistas piden información ao Concello acerca da situación do expediente de sanción previsto para a empresa concesionaria da XER. Ademais, piden a dimisión do concelleiro Carlos López Font, tras as súas declaracións triunfalistas na comisión de investigación do Marisquiño

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG dirixiu un escrito ao Concello de Vigo para preguntarlle pola situación de tramitación do expediente de sanción anunciado para a concesionaria da Xestión de Estacionamentos Regulado (XER). Pide coñecer cando está previsto “que teña algún tipo de resolución”.

O candidato á Alcaldía da formación nacionalista, Xabier P. Igrexas, criticou que a empresa adxudicataria, Dornier, non renovase “os equipos” necesarios para o desenvolvemento dos labores do persoal que, segundo asegurou, non é suficiente.

Así, afirmou que, en ocasións, os traballadores non poden cubrir “a totalidade das zonas” integradas no servizo. Tamén asegurou que, entre os incumprimentos da empresa, atópase o feito de que non se instalaron torres de carga para vehículos eléctricos. Por esta razón, demandou “explicacións” ao goberno local.

Por outra banda, Xabier P. Igrexas reiterou a súa proposta de creación dunha zona verde para residentes co fin de solucionar os problemas de estacionamento de vehículos que afectan os veciños da cidade, en especial aos da zona do Casco Vello.

Ademais, asegurou que trasladará esta suxestión ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, e non ao concelleiro responsable desta área, Carlos López Font. Na súa opinión, as súas declaracións triunfalistas en relación á súa propia comparecencia e a do rexedor na Comisión de Investigación do accidente do Marisquiño inhabilítano para este cargo. Por iso, o líder do BNG local demandou a súa dimisión ou, en caso de non producirse, o seu cesamento.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...