InicioDeportesPovisa patrocinará a carreira deportiva de Desirée Vila tras amputarlle unha perna...

Povisa patrocinará a carreira deportiva de Desirée Vila tras amputarlle unha perna para salvar a súa vida

"Levarei con moito orgullo o nome de Povisa alá onde vaia", prometeu.

PUBLICADO O

O conselleiro delegado de Povisa, José Bernardo Silveira, e a paratleta Desirée Vila veñen de asinar este xoves un acordo polo que o hospital patrocinará a súa carreira deportiva. Desirée era ximnasta de elite do club vigués de ximnasia acrobática Flic Flac cando en 2015 sufriu un accidente durante un adestramento.

Como resultado desa lesión, e tras unha estancia nun centro sanitario vigués e unha serie de malas prácticas médicas que acabarían cunha condena recente da Audiencia Provincial ao traumatólogo encargado de supervisala, Desirée foi trasladada a Povisa, onde o equipo médico do hospital viuse obrigado a amputarlle a perna para salvar a súa vida.

Hoxe, Desirée vive na residencia Blume de Madrid e adestra no Centro de Alto Rendemento, e entre os seus obxectivos deportivos está o de participar nos próximos Xogos Paralímpicos.

Ademais, escribiu un libro, ‘Lo único incurable son las ganas de vivir’ (Ed. Martínez Roca), e mantén unha intensa axenda de conferencias e participacións en medios de comunicación. “A miña relación con Povisa parte dun momento moi traumático na miña vida —manifestou hoxe Vila—, cando se viron obrigados a amputarme unha perna. Pero foi tamén o inicio dunha relación moi especial cos grandes profesionais que hai no hospital. Estoulles moi agradecida, e agora moi contenta por este acordo, porque levarei con moito orgullo o nome de Povisa alá onde vaia. Neste hospital, a pesar das circunstancias, sempre me fixeron sentir moi feliz˝.

Pola súa banda, José Bernardo Silveira afirmou que “estamos encantados de apoiar a Desirée no seu novo proxecto deportivo e vital. Co seu exemplo, Desirée traslada á sociedade unha emotiva mensaxe de tesón, de loita contra a adversidade e de afán de superación co que en Povisa sentímonos plenamente identificados, por iso tanto ela como nós tiñamos claro desde facía tempo que iriamos da man nesta nova etapa. Unha circunstancia tráxica, que nunca debía ocorrer, levouna a Povisa, pero aquilo foi o principio dunha amizade e dunha colaboración que agora comeza formalmente. Estou seguro de que Desirée, pola súa forza e a súa personalidade, daranos moitas alegrías”.

Povisa mantén desde hai anos unha política de Responsabilidade Social Corporativa centrada no deporte e a discapacidade, que ten entre os seus exemplos máis sobresaíntes o patrocinio de Susana R. Gacio, campioa do mundo de Paratriatlón, e o apoio ao proxecto Discamino, liderado por Javier Pitillas.

ÚLTIMAS

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal...

Terremoto de magnitude 1,8 en Vilaboa

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 con epicentro na localidade pontevedresa de...

Sindicato de Inquilinas Vigo urxe vivenda pública e regular prezos ante a “alarmante realidade” dos desafiuzamentos

O Sindicato de Inquilina Vigo-Baixo Miño urxiu este venres a regulación dos prezos de aluguer...

Unha sentenza recoñece un exceso de horas traballadas dos bombeiros de Vigo e obriga ao Concello a compensalas

Unha sentenza firme do xulgado do contencioso administrativo número 1 de Vigo obriga ao Concello...