InicioSociedadeAparece o vigués ao que se lle perdera o rastro en Andalucía

Aparece o vigués ao que se lle perdera o rastro en Andalucía

PUBLICADO O

- Advertisement -

O mozo vigués Nicolás G.P., de 23 anos de idade e de quen a súa familia non tiña noticias desde o pasado 22 de xaneiro, púxose en contacto finalmente este xoves coa súa nai, segundo confirmaron fontes policiais.

O mozo emprendeu unha viaxe en bicicleta desde Andalucía para percorrer, á inversa, o Camiño Portugués, en compañía do seu can. Segundo a súa familia, o mozo chamaba a casa cada 5 días pero non volveu porse en contacto con eles desde o pasado 22 de xaneiro, cando se atopaba entre Huelva e Almería.

Ante a preocupación porque lle pasase algo, a familia denunciou en Comisaría a desaparición, e a Policía alertou aos seus efectivos nesas provincias andaluzas, para que localizasen ao novo.

Finalmente, o mozo chamou á súa nai este xoves e, segundo apuntaron algunhas fontes, explicou que se despistou e que non pensaba que estivesen preocupados por el.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...