InicioSociedadeA dirección de Vulcano comunica aos traballadores que a data de entrega...

A dirección de Vulcano comunica aos traballadores que a data de entrega do ferri é “inalcanzable”

A dirección do estaleiro vigués Vulcano trasladou ao persoal que a nova data de entrega do ferri para Armas, o 29 de marzo, é "inalcanzable" nas actuais condicións, e que se non hai un cambio nese prazo, vense abocados á liquidación voluntaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección do estaleiro vigués Vulcano trasladou ao persoal que a nova data de entrega do ferri para Armas, o 29 de marzo, é “inalcanzable” nas actuais condicións, e que se non hai un cambio nese prazo, vense abocados á liquidación voluntaria.

Así o explicou o comité de empresa a través dun comunicado, no que aclarou que a nova data de entrega xurdiu dun “acordo bilateral entre o Banco Santander (dono do barco) e a naviera Armas”.

Os traballadores de Vulcano esixen unha solución/ Miguel Núñez

Así mesmo, precisaron que a dirección de Vulcano presentou unha planificación para acabar o barco en 42 días, pero esa conta atrás iniciaríase só no momento en que, desbloqueado o financiamento, se paguen as nóminas e os provedores, e todos os traballadores da industria auxiliar estivesen “operativos” no estaleiro.

“A dirección comunicou ao comité de empresa que, de non conseguir un cambio na data de finais de marzo, do acordo bilateral entre Santander e Armas, veríanse abocados a pedir unha liquidación voluntaria inminente”, conclúe o comunicado dos traballadores.

Os traballadores de Vulcano esixen unha solución/ Miguel Núñez

Mentres, o persoal espera resposta á súa petición de reunirse co conselleiro de Economía, Industria e Emprego, Francisco Conde. En todo caso, lamentaron que a reunión celebrada en Santiago nas últimas horas non servise para desbloquear os avais que permitan resolver o financiamento e poder renovar os traballos do ferri.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...