InicioSociedadePiden 4 anos de cárcere para unha empregada do Sergas por acceder...

Piden 4 anos de cárcere para unha empregada do Sergas por acceder ao historial clínico da súa filla

A Fiscalía pide 4 anos de prisión, 9 de inhabilitación e unha multa de 7.200 euros para unha traballadora do Sergas que accedeu en máis dun centenar de ocasións á historia clínica da súa filla sen o consentimento nin coñecemento desta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 4 anos de prisión, 9 de inhabilitación e unha multa de 7.200 euros para unha traballadora do Sergas que accedeu en máis dun centenar de ocasións á historia clínica da súa filla sen o consentimento nin coñecemento desta.

M.J.O.A., que será xulgada o mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra (con sede en Vigo), está acusada dun delito continuado de descubrimento de segredos relativos á saúde da vítima cometido por funcionario público.

Segundo o escrito de acusación, a muller aproveitouse do seu traballo no departamento de Admisión do Hospital Xeral de Vigo e, entre xuño do 2012 e abril de 2014, accedeu (utilizando a súa clave no sistema IANUS) en 101 ocasións á historia clínica electrónica da súa filla.

A filla, maior de idade, non consentira de forma expresa esas consultas, nin había unha xustificación asistencial para explicar eses accesos á historia clínica.

Así, a Fiscalía sostén que a nai actuou “co ánimo de invadir a esfera máis persoal e íntima da súa filla, así como tomar coñecemento de feitos ou circunstancias relativas ao seu estado de saúde, tratamentos médicos, asistencias facultativas e demais datos relacionados coa súa saúde, que nunca lle foron comunicados pola súa filla con anterioridade”.

O ministerio público considera, no entanto, que non quedou acreditado que a acusada divulgase entre terceiras persoas os datos médicos relativos á saúde da súa filla.

Por estes feitos, acúsana dun delito continuado de descubrimento de segredos relativos á saúde, e pide para ela a pena de 4 anos de cárcere, 9 anos de inhabilitación absoluta, e multa de 7.200 euros.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

A Nao Santa María chegará por primeira vez a Vigo e poderá visitarse durante dez días

A Nao Santa María visitará por primeira vez na súa historia o porto de...

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...