InicioSucesosO incendio nunha vivenda da rúa Illas Baleares provoca o traslado ao...

O incendio nunha vivenda da rúa Illas Baleares provoca o traslado ao hospital de tres persoas

Tres persoas foron evacuadas ao hospital tras inhalar fume procedente dun incendio declarado no salón dunha vivenda situada na rúa Illas Baleares, no Concello de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas foron evacuadas ao hospital tras inhalar fume procedente dun incendio declarado no salón dunha vivenda situada na rúa Illas Baleares, no Concello de Vigo.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un dos inquilinos da vivenda o que avisou sobre as 15,15 horas aos servizos de urxencias de que había lume no salón da súa vivenda e que o fume se desprazaba facía o piso superior.

Tras recibir o aviso, o persoal do 112 informou aos Bombeiros de Vigo, ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Policía Nacional e á Policía Local da localidade.

Xa no punto, e tras apagar as chamas, os bombeiros informaron de que ardeu o salón e de que se desaloxaron as 12 vivendas do edificio polo fume.

Así mesmo, explicaron que as persoas desaloxadas puideron ser atendidas no mesmo punto polos servizos sanitarios pero que tres deles necesitaron ser evacuados, dous ao Hospital de Povisa e unha ao Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...