InicioPolíticaO PSOE acusa ao PP de facer a campaña electoral de Elena...

O PSOE acusa ao PP de facer a campaña electoral de Elena Muñoz con diñeiro público e esixe un informe dos custos

O PSOE de Vigo esixiu este xoves á Xunta de Galicia que informe o custo das "viaxes propagandísticas" de conselleiros do Goberno galego á cidade para "facerlle a campaña electoral" á líder do PP vigués, Elena Muñoz.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE de Vigo esixiu este xoves á Xunta de Galicia que informe o custo das “viaxes propagandísticas” de conselleiros do Goberno galego á cidade para “facerlle a campaña electoral” á líder do PP vigués, Elena Muñoz.

Así o trasladou, a través dun comunicado, o secretario dos socialistas de Vigo e deputado do PSDEG, Abel Losada, quen denunciou que os intentos dos ‘populares’ para conseguir apoio “nunha cidade que claramente lle dá as costas” están incluso “afectando á calidade democrática” do goberno da Xunta de Galicia.

Segundo Losada, está a financiarse “con fondos públicos” a campaña electoral de Elena Muñoz, a través das visitas que fan os conselleiros a Vigo (na última semana, os de Sanidade, Política Social e Educación), e nas que a portavoz municipal e presidenta local do PP participa.

Por iso, o PSDEG presentou iniciativas para “saber o custo desas viaxes propagandísticas” e para que o goberno de Núñez Feijóo explique “os criterios para invitar a eses actos á portavoz da oposición, e non invitar o resto de concelleiros, ou aos deputados da cidade”.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...