InicioCulturaSondeseu actuará en Vigo para promocionar a candidatura das Illas Cíes Patrimonio...

Sondeseu actuará en Vigo para promocionar a candidatura das Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

Será o 2 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A orquestra folk SondeSeu ofrecerá un concerto dedicado á promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade o sábado día 2 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo.

Nesta actuación, a orquestra folk Sondeseu, que naceu no ano 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, actualmente Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, presentará o seu quinto disco, ‘Beiralúa’, editado o pasado maio.

Entre os artistas que participarán no concerto no Auditorio Mar de Vigo xunto aos membros da orquestra figuran a galega Rosa Cedrón, a castelá Vanesa Muela, o portugués Luís Peixoto, o asturiano Xuacu Amieva, ademais de Toño Domínguez, o Orfeón Treixadura e o grupo vigués O Fiadeiro.

Ademais dos temas do seu último disco, Sondeseu interpretará algúns temas do seu espectáculo ‘Arraianos’ e unha obra composta por Anxo Pintos para celebrar o inicio da candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade, ‘San Martiño Suite’.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...