InicioSociedadePasa de novo a disposición xudicial o presunto parricida de Sárdoma (Vigo)

Pasa de novo a disposición xudicial o presunto parricida de Sárdoma (Vigo)

PUBLICADO O

- Advertisement -

O home detido en Vigo a pasada semana como presunto autor da morte do seu pai na parroquia de Sárdoma volveu a pasar a disposición xudicial á primeira hora deste luns.

O detido xa pasou polos xulgados vigueses este domingo, aínda que a xuíza de Instrución número 1, en funcións de garda, decretou a prórroga do seu arresto, precisamente para que este luns compareza ante o titular de Instrución 8, que é o que entende da causa.

O cadáver do octoxenario Manuel A.R. foi localizado por dous veciños de Sárdoma o pasado 7 de xaneiro a 600 metros do seu domicilio. O corpo, con signos de violencia, estaba oculto por vexetación e plásticos. Días despois, durante un rexistro na casa da vítima, o seu fillo máis novo recoñeceu que o matou no transcurso dunha discusión.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...