InicioSociedadeVigo volverá saír á rúa "baixo o mesmo paraugas" para celebrar o...

Vigo volverá saír á rúa “baixo o mesmo paraugas” para celebrar o Día das Persoas con Discapacidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo volverá saír á rúa o próximo 3 de decembro “baixo o mesmo paraugas” para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, co obxectivo de reclamar os seus dereitos e xerar oportunidades.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns no Concello de Vigo, na que participaron diversas entidades sociais como Aspanaex, HC San Rafael, Fundación Menela, Alento ou Aceesca, entre outras, explicaron que o 3 de decembro é unha data “importante” para celebrar os avances acadados e para lembrar que aínda queda “camiño por percorrer”.

“O progreso só ten sentido se mellora a vida de todas as persoas“, subliñaron, ao tempo que reclamaron que as persoas con discapacidade teñen que “ser escoitadas” para “participar, decidir e achegar as súas ideas” á sociedade.

As asociacións insistiron en que queda “moito por conseguir”, polo que o próximo 3 de decembro volverán saír á rúa no Náutico de Vigo para visibilizar esta gran parte da poboación que quere “participar plenamente” na comunidade.  Así, animaron a toda a cidadanía a unirse a elas cos seus paraugas rechamantes, para participar no concurso que organizan cada ano.

O alcalde, Abel Caballero, tamén participou este luns na presentación, poñendo en valor non só a iniciativa, senón todas as persoas con discapacidade.  O rexedor reivindicou a necesidade de conseguir máis dereitos para estas persoas, que son “irrenunciables”, e puxo o foco no labor do conxunto do movemento asociativo.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...