InicioSociedadeA vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convoca dúas protestas este venres para reclamar medidas reais que garantan o acceso a unha vivenda digna. As mobilizacións servirán de antesala á folga xeral do 11 de novembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense co obxectivo de “defender o dereito a unha vivenda digna”. Baixo o lema “Polo dereito a un teito”, a manifestación de Vigo partirá ás 19.00 horas desde a farola de Urzaiz, como antesala da folga xeral convocada para o próximo 11 de novembro. A asociación esixe respostas e medidas reais ante a “emerxencia habitacional”, con reivindicacións dirixidas tanto á Xunta de Galicia como ao Concello de Vigo. “Porque a vivenda é un dereito, non un privilexio. Polo dereito a un teito. Por unha vivenda digna para todas e todos”, afirman desde a organización a través das súas redes sociais.

As mobilizacións tamén chegarán á cidade de Ourense, onde a plataforma ourensá de Alianza Pola Vivenda convocou unha concentración ás 20.00 horas diante da Subdelegación do Goberno. Neste caso, a protesta ten como obxectivo “acabar co negocio da vivenda”, sumándose así ás reivindicacións polo acceso a unha vivenda digna que tamén se trasladarán ás rúas de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Balaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros extra para ampliar o aforamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local deste...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...

Abanca reúne ás principais asociacións da Ría de Vigo para escoitar as súas peticións e ofrecer solucións

Abanca materializou o seu apoio ao sector do mar coa celebración dun encontro especializado...