InicioSociedadeUn profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

Carlos Garrido culmina case 30 anos de investigación cun dicionario de 1.400 páxinas en catro idiomas, considerado a maior compilación de nomes de invertebrados en galego-portugués e español.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución Carlos Garrido, editado polo Servizo de Publicacións da institución, e que reúne 180.000 nomes de invertebrados en catro idiomas: portugués, español, inglés e alemán. “Dicionário de Zoologia e Zoonímia dos Invertebrados. Português/Espanhol/Inglês/Alemão” constitúe unha achega importante á terminoloxía zoolóxica e á tradución científico-técnica, e é a maior compilación feita ata o momento de nomes vernáculos de invertebrados en galego-portugués e español.

Na presentación do libro, o responsable do Servizo de Publicacións da UVigo, David Tizón, salientou que este volume é “un fito excepcional no mundo da Bioloxía” e “unha obra única no seu xénero”. Así mesmo, puxo en valor que a publicación é dual, xa que conta cunha versión dixital, concibida para consultas rápidas e áxiles. Carlos Garrido explicou que o libro, de case 1.400 páxinas, contén un amplo repertorio de denominacións científicas, paracientíficas e vernáculas destas especies, ademais de información sobre a súa morfoloxía, fisioloxía, embrioloxía, ecoloxía, filoxénese e sistemática.

CASE TRES DÉCADAS DE TRABALLO E TRES EDICIÓNS

Segundo detallou, trátase da terceira versión dun traballo iniciado hai case 30 anos, xa que a primeira edición se publicou en 1997, con 15.000 termos nos catro idiomas. A segunda foi publicada en 2019 pola Universidade de São Paulo, no Brasil, con 60.000 termos. Na presentación do volume participou tamén o catedrático de Zooloxía e exreitor da UVigo, Salustiano Mato, que puxo en valor o traballo do profesor Garrido e os seus coñecementos de zooloxía sistemática, terminoloxía e tradución especializada.

O autor doutorouse en Bioloxía cunha tese sobre a taxonomía da fauna ibérica dun grupo de gasterópodos terrestres e, paralelamente, é especialista en tradución e terminoloxía. Ademais, desenvolve o seu labor docente na tradución de textos científico-técnicos do inglés e do alemán ao galego e ao español. Para Salustiano Mato, este libro non só é unha ferramenta útil para os científicos, senón tamén unha “nube de datos rigorosa e trazada” e, na súa versión en papel, “unha verdadeira peza de coleccionista”.

ÚLTIMAS

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...

“12 non son 13”: a comunidade educativa do EEI Vila Laura de Vigo ponlle un 0 á Xunta por deixar sen cubrir unha praza...

A comunidade educativa da EEI Vila Laura de Vigo volveu mobilizarse este venres, e...