InicioSociedadeUn inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram con decenas de axentes policiais, onde supostamente se compartiu durante anos información confidencial. O diario The Objective adiantou que a Fiscalía investigou os feitos tras a denuncia dun inspector de Policía Nacional de Vigo e fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que un xulgado do Porriño abriu dilixencias, aínda que a causa está declarada secreta e non transcenderon detalles, nin se hai algunha persoa investigada.

Segundo The Objective, a Fiscalía viu indicios de delitos como revelación de segredos, infidelidade na custodia de documentos e omisión do deber de perseguir delitos. Así, no chat compartiuse información relativa a antecedentes de persoas, filiacións, datos e documentos de consultas policiais, información sobre vehículos ou fotografías de persoas, todo iso á marxe da supervisión e control dos mandos policiais.

Entre os responsables do control deste chat, as fontes consultadas polo xornal apuntan a un mando da policía local desta localicade que xa tería sido denunciado por entidades e plataformas sociais pola súa persecución a movementos de esquerdas.  De aí, que fora o xulgado do Porriño o que abriu as dilixencias.

ÚLTIMAS

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...

O profesor da UVigo Alfonso Lago Ferreiro será o novo subdelegado do Goberno en Pontevedra

O profesor da Universidade de Vigo (UVigo) Alfonso Lago Ferreiro será o novo subdelegado...