InicioDeportesA Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, en resposta á misiva do rexedor do pasado 15 de outubro, na que reclamaba a cooperación económica do Goberno galego coa candidatura da cidade para ser sede do Mundial, e lembroulle que o apoio da Xunta é “firme e inequívoco”, pero que a condición sempre foi que Vigo fose designada pola FIFA e que houbese cofinanciamento a partes iguais entre o Goberno, a Xunta, o Concello e a Deputación.

A día de hoxe, lembra o conselleiro, “non consta un compromiso de financiamento por parte do Goberno central, non hai proxecto de construción das obras, non hai cronograma e non hai decisión da FIFA”. Diego Calvo traslada que o compromiso do Goberno central de achegar financiamento é “necesario” e que, unha vez acadado, poderían comezar as conversas “a nivel técnico” para avanzar no proxecto.

Con todo, remarca, para que se produza ese avance técnico “é imprescindible contar cun proxecto de construción e cun cronograma das actuacións”. “É o mínimo que se lle pode pedir nun proxecto desta envergadura, no que a Xunta quere colaborar, e por iso é necesario traballar con garantías, transparencia e rigor”, conclúe a carta.

ÚLTIMAS

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...

O profesor da UVigo Alfonso Lago Ferreiro será o novo subdelegado do Goberno en Pontevedra

O profesor da Universidade de Vigo (UVigo) Alfonso Lago Ferreiro será o novo subdelegado...