InicioPolíticaFeijóo desembarca o sábado en Vigo para arroupar os candidatos do PPdeG...

Feijóo desembarca o sábado en Vigo para arroupar os candidatos do PPdeG ao Congreso: “É unha declaración de intencións”

O líder popular participará este sábado nun acto con Alfonso Rueda e os catro cabezas de lista galegos para as eleccións do 29 de novembro. Paula Prado defende as candidaturas como unha aposta polo "cambio do Goberno de España".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proceso que desembocará na cita coas urnas do próximo 29 de novembro avanza e faino non só coa confección das candidaturas, senón tamén co aumento dos actos políticos. Nun escenario no que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, prevé facer parada en Vigo o vindeiro sábado 24 de outubro. Segundo o cartel difundido polos populares, no que Feijóo aparece co líder do PP galego, Alfonso Rueda, o acto terá lugar ás 12.00 horas na Estación Marítima de Vigo.

Celebrarase cos cabezas de cartel ao Congreso xa ratificados: o secretario xeral do PP, Miguel Tellado, pola Coruña; o xa deputado estatal Francisco Conde, por Lugo; Ana Vázquez, no foco nas últimas semanas polo episodio do gas pementa no Congreso, por Ourense; e o exconselleiro e ata agora secretario da Mesa do Parlamento galego, Julio García Comesaña, por Pontevedra.

“CATRO NOMES MOI SIGNIFICATIVOS”

Este mércores, a secretaria xeral do partido en Galicia, Paula Prado, proclamou que son “catro nomes moi significativos” na comunidade. “Persoas con moitísima capacidade de traballo, un labor moi rigoroso, moi pegado ao territorio, e que coñecen perfectamente as necesidades dos galegos e das galegas”, salientou.

Ao tempo, subliñou que se trata “dunha declaración de intencións” do que o PPdeG “quere para Galicia”, que é, dixo, “o cambio do Goberno de España” para “facer presidente a Alberto Núñez Feijóo”. Concluíu que “é o que necesita neste momento Galicia, un galego que sabe perfectamente cales son os problemas” da cidadanía da comunidade e que “se poñan as medidas necesarias para resolvelos”.

ÚLTIMAS

Xunta acusa o Goberno de bloquear a biblioteca estatal de Vigo e ve “difícil” que licite o proxecto en 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acusou o Goberno central...

Investigan un roubo na vivenda do futbolista Ilaix Moriba en Nigrán

A Garda Civil investiga varios roubos cometidos na zona de Nigrán, entre eles un...

Vigo paraliza o concurso da escultura de Iago Aspas tras o recurso dun participante excluído

O Concello de Vigo suspendeu o procedemento do concurso de proxectos para o deseño...

Vigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela taxas e impostos

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este martes "o orzamento máis elevado...