InicioDeportesVigo paraliza o concurso da escultura de Iago Aspas tras o recurso...

Vigo paraliza o concurso da escultura de Iago Aspas tras o recurso dun participante excluído

O BNG ve «impresentábel» que o goberno local dea máis explicacións sobre a estatua, duns 295.000 euros, ca sobre a licitación do autobús urbano, de 470 millóns e tamén suspendida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo suspendeu o procedemento do concurso de proxectos para o deseño e a realización da escultura do futbolista Iago Aspas, que se pretendía colocar nas inmediacións do estadio de Balaídos.

Segundo explica o goberno local nun comunicado, o motivo desta interrupción «temporal» é a interposición dun recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Tacgal). O recurso impugna a inadmisión dun dos participantes, «que foi excluído do procedemento por vulnerar as regras de anonimato establecidas nas bases do concurso». «Ante a posibilidade de que o Tribunal estime o recurso e co fin de evitar a contaminación do procedemento, o Concello adopta a decisión de paralizar a tramitación para dotar o proceso da máxima seguridade xurídica», sinala o executivo municipal.

O portavoz do BNG de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, cualificou de «impresentábel» que o goberno de Abel Caballero dese máis explicacións sobre a paralización do contrato para a estatua de Iago Aspas, que terá un custo duns 295.000 euros, ca sobre a licitación do novo servizo de autobús urbano. Este último contrato ascenderá a 470 millóns de euros e tamén foi suspendido, sen que, segundo denunciou o portavoz nacionalista, o Concello informase do acontecido.

ÚLTIMAS

Feijóo desembarca o sábado en Vigo para arroupar os candidatos do PPdeG ao Congreso: “É unha declaración de intencións”

O proceso que desembocará na cita coas urnas do próximo 29 de novembro avanza...

Investigan un roubo na vivenda do futbolista Ilaix Moriba en Nigrán

A Garda Civil investiga varios roubos cometidos na zona de Nigrán, entre eles un...

Vigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela taxas e impostos

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este martes "o orzamento máis elevado...

Caballero celebra o “éxito” das axudas ao alugueiro accesible en Vigo con seis beneficiarios

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou o "éxito" do programa municipal de rehabilitación...