InicioSociedadeVigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A actuación contará cun investimento de case 100.000 euros, durará arredor de dous meses e permitirá habilitar provisionalmente unha zona verde no espazo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo restaurante Di San Remo, situado na praia de Samil, unha actuación que comezará antes do próximo verán. Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, que asegurou que deste xeito se dá un paso máis na transformación do areal.

A obra suporá un investimento de case 100.000 euros e terá unha duración aproximada de dous meses. Unha vez retirado o antigo establecemento, no espazo habilitarase unha zona verde provisional, á espera de continuar coa segunda fase da transformación de Samil, segundo explicou o rexedor.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...