InicioSociedadeVigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello inicia un contrato de promoción turística ligado ás conexións aéreas co obxectivo de reforzar mercados estratéxicos, desestacionalizar as visitas e impulsar o aeroporto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través de voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante. Segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, o obxectivo é atraer máis viaxeiros á cidade potenciando o seu posicionamento en mercados “estratéxicos” con conexións aéreas directas a dous destinos estatais e dous internacionais.

A iniciativa tamén busca desestacionalizar o turismo e diversificar a oferta, poñendo en valor os recursos turísticos, os negocios, a economía e a cultura de Vigo. “Queremos atraer máis visitantes, máis viaxeiros e queremos promover o uso do aeroporto“, insistiu o rexedor.

Caballero explicou que o goberno local leva meses estudando a situación, tendo en conta informes de Aena, do Vigo Convention Bureau e do grupo de traballo de conectividade aérea galego para identificar os destinos máis relevantes para a cidade. Atendendo a toda esta información e á demanda potencial, seleccionáronse estas catro cidades. O alcalde tamén se referiu a que tanto o turismo como os negocios e as feiras son actividades “vitais” na cidade, das que “vive” a propia cidade, e son “transversais” porque inflúen en todos os sectores económicos.

Por iso, o transporte aéreo e as comunicacións son “clave” para mellorar a competitividade da economía, polo que resulta “imprescindible” incluílos nos plans de promoción e comercialización turística. “A través da publicidade nas compañías, apoiamos a marca Vigo. Queremos potenciar a presenza de Vigo en España e a nosa relación con dúas grandes capitais europeas“, sentenciou.

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

“A ameaza de carencia de auga é moi severa”, alerta o alcalde de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, exixiulle á Xunta que reduza "de forma inminente"...