InicioPolíticaO BNG pide a Caballero que compense aos veciños que reciclan

O BNG pide a Caballero que compense aos veciños que reciclan

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo reclamou ao goberno municipal que poña fin ao “tarifazo” do lixo na cidade e que compense aos veciños que reciclan, criticando o “castigo” que sofren os vigueses cun dos recibos máis caros de toda España. Nun comunicado, os nacionalistas advertiron que o Concello olívico non está a aplicar os descontos que se prevén na ordenanza, que inclúe unha bonificación do 65% na cota variable a aqueles fogares que fan uso do colector marrón ou o punto limpo.

“Se a cidade recicla máis, por que seguimos pagando o tarifazo do lixo despois da subida do recibo en máis dun 30% nos últimos anos?”, preguntouse o portavoz do Bloque, Xabier Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

Medio Ambiente cifra en máis dun 30% a perda de auga en Vigo por fugas en canalizacións

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, cifrou en máis dun...

A CIG pide mellorar a prevención nas canteiras tras o accidente do Porriño

A Unión Local da CIG de O Porriño esixiu que se reforce a prevención...

Luisa Sánchez (PP) acusa a Sánchez de “deixar una lista longa de compromisos pendentes” con Vigo

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, fixo este martes balance da lexislatura...